domingo, septiembre 30, 2007

Trasladámonos a XIZ-TORIA


Nos trasladamoooooooooooooooooosssssssssss

Sí, sí temos que colle-las maletas e deixar ( só temporalmente, un curso como moito) esta querida páxina de historia blogtemporánea.
Este ano abrimos un novo espacio para a historia pensada para estudiantes de bacharelato. Iniciamos este novo proxecto coa provisionalidade de tódo o que facemos e por iso escribímolo con xiz. Iso vos explicará o nome, "xiz-toria".
Agardamovos alí.

miércoles, septiembre 26, 2007

Recollemos a inciativa que suxire Ángela onírica Mnemosine Alonso no seu blog http://realidadonirica.wordpress.com/2007/09/23/personas-libro/
En el mundo que describe Ray Bradbury en “Fahrenheit 451” no hay libros. Están prohibidos y la obligación de los bomberos es quemarlos. Sin embargo hay personas que se resisten y lo hacen aprendiéndose cada una de ellas un libro. Poco a poco organizan un plan llegando a ser miles las personas que llevan un libro en su mente.
Basada en este libro está la organización “personas libro” cuyo objetivo es que cada persona guarde en su mente y en su corazón un pedacito de libro que pueda narrarle a alguien mirándole a los ojos.
Felicidades a Ángela pola iniciativa e polo seu blog e animadevos a decir que libro quereríades ser.

viernes, septiembre 21, 2007

PRÓXIMO CAMBIO DE BLOG




Este curso que estamos a iniciar o noso blog vai reorientar ( e agardo que perfeccionar) a materia xa non é a historia contemporánea universal senon a historia contemporánea de España.


Atendendo tamén ás incicacións de Angela cambiaremos a un nome máis curto e doado de teclear. ( ainda que máis dificil de procunciar, veredes)


Pensaba chamalo "Xiztoria" porque quixera que fora unha páxina de historia manchada de xiz, da escola e para a escola. En calquera caso abro aquí unha ronda de suxerencias do tipo que queirades para o nome, o estilo, os contidos.... Agardo as vosas suxestións.

jueves, septiembre 20, 2007

21 de setembro. DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMIDADE DO ALZHEIMER. Ou vindicación da Historia.


Mañá 21 empezan xa as clases deste curso 2007-2008. Para a maioría de "blogtemporaneos" será o último ( esperemos :) ). E resulta que dun xeito moi significativo comeza este día en que se conmemora o día do Alzheimer.
Vos preguntaredes se vou con mala idea nesta referencia, e non.
Non sei se coñecedes algúnha persoa afectada por ista enfermidade. Eu coñecín unha moi cercana da miña familia.

A evolución da enfermidade de Alzeheimer semellabame a min como un proceso plo que a persoa vai sufrindo unha destrucción progresiva de tódolos aprendizaxes que fixo ó longo da vida. Dende aprendizaxes sociais, ata psicolóxicos ou mesmo físicos. Un enfermo de Alzheimer chega a esquecer como subir escaleras, como controla-lo pis, os nomes da xente máis querida...
Se cando miramos a un neno pequeno vemos nos seus acenos e palabras todo un horizonte de aprendizaxes, e alegrámonos con cada un deles, o enfermo de Alzheimer é como se desaprendese todo o que foi aprendendo dende neno: controla-lo seu corpo, relacionarse cos demáis, desaprende esa maravilla tan humana que é a linguaxe...
A situación é moi dura persoalmente ( algúns, nas primeiras fases, son conscientes deste proceso) e para a familia. E estaredes preguntándovos que me leva a traer estas reflexións e vivencias personais a unha páxina de blogtemporanea.
Pois ben, para min o Alzheimer explica con moita dor a IMPORTANCIA DA HISTORIA NAS NOSAS VIDAS. Somos persoas, altos ou baixos, flacos ou gordos, do Barça ou do Logroñés... pero todos nos somos o resultado das nosas historias personais e das historias familiares e sociais que nos foron formando como as persoas que somos.
Para min ( ben sei que isto é interesado porque son profe disto) o estudo da historia é algo fundamental para as sociedades porque danos as claves pàra entendermos. Podemos criticar esa historia, reconducila... pero é a nosa.
Unha sociedade que perde súa historia entra nun proceso de deterioro que ( a min) lémbrame ó dos enfermos de Alzheimer. Non debemos permitir isto.
Mañá, nas clases, máis.
Unha aperta a todos/as

domingo, septiembre 02, 2007

"Shame on you" (¡Que vergüenza!) by Andrea Corr






www.quedeletras.com

martes, agosto 28, 2007

REEEEEEEEELAXENSEEEEEEEEEEE

....e logo de se relaxaren, se lles peta :), poden votar pola imaxe que máis lles gosta. Preeeeeeeeeeeparen material: silloncito cómodo, reposa pinreles, un refresquiño con moito xelo, fora calzado e....alá vaiiiiiiiiiiiii
para miralas picade neste enlace http://www.slideshare.net/meisterjoker/fantastic-fotos/1 ( poñer a imaxe estropeaba toda a barra lateral, sinto porque a imaxe inicial do tomate sumerxente era moi chula)